miércoles, 26 de junio de 2019

AGRADECEMENTO ÁS FAMILIAS

Se o noso proxecto funcionou tan ben foi, en gran parte, grazas ás familias, xa que a  súa colaboración foi indispensable.
Non se nos ocorre mellor forma de explicar o éxito do noso proxecto que destacando a idea de que foi un proxecto de todos e para todos.
Toda a comunidade educativa estivo moi implicada e é por iso que queremos agradecer a participación dese sector que tiñamos un pouquiño máis esquecido: as familias.
Todas as familias participantes recibiron o seu recoñecemento en forma de peixiño: peixiño de ouro para aquelas familias que participaron nas 12 actividades propostas, peixiño de prata para aquelas que o fixeron en máis da metade e peixiño de bronce para as que o fixeron en menos medida... pero o fixeron!!
A todas elas...GRACIAS!

ENTREGA DIPLOMAS

Como sabedes, aos nosos alumnos fómoslle plantexando, mes a mes, moitas actividades e propostas que formaban parte do noso proxecto.
Se superaban as probas de cada mes recibían un adhesivo que tiñan que pegar no seu caderno. 
Ao principio de curso informámolos de que, se conseguían completar o caderno, recibirían un diploma acreditativo de capitáns e... podedes comprobar que os nosos alumnos foron quen de completar o caderno... e de moito máis!


miércoles, 12 de junio de 2019

COCIÑAMOS CON... YAYO DAPORTA!!!

Despois de todo un ano entre fogóns, practicando tanto na casa como no cole, chegou o momento de demostrar as nosas artes ante un gran cociñeiro; Yayo Daporta!
Yayo veu ao noso centro e elaborar unha receita cun dos nosos produtos do mar favoritos; o mexillón.
E incrible o que este home é capaz de facer con catro cousiñas de nada. Non nos extraña que teña unha Estrela Micheliín, o que nos extraña é que só teña unha!!!
O prato quedounos moi fermoso e, o máis importante, moi saboroso!!
Sen dúbida foi toda unha experiencia facer de pinche dun dos chefs máis grandes da nosa terra.
Yayo... moitísimas grazas!!! Vémonos pronto!! 


A PESCADA POLOS MAIORES

Fai tempo que nos vos amosamos o traballo que fan os nosos maiores.
Desta volta explicáronnos a pescada e, xa sabedes que, sempre o fan de xeito moi visual e con pictos para que todos nós podamos ter acceso á información.
 

martes, 11 de junio de 2019

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

Hoxe levamos a cabo una actividade moi interesante, divertida e, sobretodo, saborosa!!
Da man do programa "Ponlle as pilas ao teu bocata" realizamos un taller sobre produtos do mar en conserva.
Na primeira parte tivemos a oportunidade de interactuar co mar e os seus produtos. Si, si... como o ledes; de interactuar. 
Grazas a realidade aumentada e a realidade virtual mergullámonos no mar e coñecimos aos seus peixes, os cales nos foron contando todas as súas propiedades.
Logo chegou a parte da degustación coa cal nos demostraron que é posible comer de xeito saudable con produtos do mar en conserva. Fixemos mesturas do máis estrañas e todas estaban boísimas!!!
Xa sabedes que nós durante o curso levamos a cabo un obradoiro de receitas con conservas pero, certo é, que nunca se nos dera por facer bocatas.
Así que, xa sabedes... a tomar produtos do mar en conserva xa que, ademais de sinxelos, son saudables o moi saborosos!!!

lunes, 20 de mayo de 2019

TIBURÓN EN CORRUBEDO

Enterámonos de que avistaron un tiburón moi grande na zona de Corrubedo!
Buscamos información ao respecto e non podemos deixar de mirar o vídeo e de sentir mágoa ao saber que o pobre estaba ferido, posiblemente por unha hélice dun barco.😢

https://www.gciencia.com/videonautas/avistan-un-espectacular-tiburon-peregrino-en-augas-de-corrubedo/?fbclid=IwAR1prNlvjoi2GSM29KqgCK4f3xb62lj18Dr6ImY9uNhFiBWEGuWGzN0LX5Y

 
 

OS PEQUES... E OS MOLUSCOS

O mural dos nosos peques vai vento en popa e estalles a quedar fermosísimo.
Desta volta estiveron a traballar os moluscos e, como non podía ser doutro xeito, elixiron aqueles que a eles máis lles gustaban e o certo é que os plasmaron xenial, non credes?
Que traballadoriños son os nosos alumnos!!


viernes, 3 de mayo de 2019

A SARDIÑA

Chegou o mes de maio, e con el un novo peixe a traballar...
Nesta ocasión traballaremos máis a fondo á sardiña, un peixe mái que coñecido por todos nós.
Pero Frida, amais, vainos falar doutros animais relacionados con mar dos que non falamos ata o de agora. Sabedes cales son? Pois as aves mariñas!!
Porque non todos os animais mariños viven dentro do mar!!



 Premendo nas imaxes tedes acceso aos nosos materiais de traballo.

https://drive.google.com/file/d/1Col4C_JQmqMzkorPEgJbn4Ec8m88RJD9/view?usp=sharing             https://drive.google.com/file/d/1ckYd3Dp6FiaXu_s7Vkvh5tqYoKE1q4eR/view?usp=sharing


Unha vez máis, neste vídeo descubriremos porque é tan importante incluír a sardiña na nosa dieta. 

RECEITAS XURELO

Unha vez máis as familias animáronse a participar e compartiron con nós receitas saborosas cuxo ingrediente principal é o xurelo.
Xa sabedes que non tedes máis que premer na imaxe para acceder a nosa revista virtual de receitas familiares.

                           

O MAR E AS NOVAS TECNOLOXÍAS

Outro aspecto positivo deste proxecto que estamos a levar a cabo é o feito de que os nosos alumnos están dando un pasiño máis no emprego das TIC.
Encántalles usar as tabletas e os móbiles para buscar a información ou acceder á música.
Pasiño a pasiño todas as aulas van  pasando a resolver as tarefar que, dende este proxecto, lles propoñemos.


jueves, 2 de mayo de 2019

ESTRANAS CRIATURAS

Hai algún tempo contámosvos que estabamos a argallar algo... e hoxe xa volo podemos contar!!
Os nosos alumnos, ao máis puro estilo "Stranger Things", crearon as súas propias criaturas mariñas.
Mediante un xogo tiñan que crear un monstro inspirándose nos "demoperros" da coñecida serie.
Os alumnos maiores "fliparon" porque sabían da existencia da serie, e o certo é que todos o pasaron en grande coas súas criaturas e pensando os seus nomes.
Así que... Amar o mar presenta... "Estrañas criaturas".


 

BOTE DA CALMA

Nós, que sabemos que non hai nada máis relaxante que mirar o mar, metemos un anaco do mesmo nunha botella.
Dende agora, os nosos alumnos poden acudir a aula de estimulación a traballar cos nosos botes da calma mariños.
Os botes da calma son un recurso fantástico que favorece a concentración e relaxación e axuda tamén a canalizar as emocións. 
O mar chega a todos e cada un dos rincóns do noso centro...


COCIÑANDO NA CASA DE BORJA

A familia de Borja tamén se animou a pasar un divertido momento entre fogóns!!
Unha empanada de atún foi o que decidiron facer. O certo é que é unha mágoa que non nos traian a proba do que cociñan porque ten unha pintaza!!!
Moitas grazas familia de Borja pola vosa colaboración!!



XABÓNS...DO MAR

Os nosos peques do cole xa non saben que máis argallar!!! 
Agora dóuselles por facer xabóns e, riquiños como son, decidiron facelos con formas relacionadas con mundo do mar!!
Se de algo podemos estar seguros, con este proxecto, é de que os nosos rapaces teñen ben interiorizado o mundo do mar, os seus habitantes... 


COCIÑANDO NA CASA DE CLAUDIA

Propuxemos ás familias levar a cabo unha receita (a que eles quixeran) na casa cos seus fillos. O certo é que se van animando pouquiño a pouco e nós imos recibindo as fotos como proba 😉.
Claudia e a súa familia decidiron facer luras á prancha.
Como podedes obervar Claudia está feita toda unha chef!
Moitas grazas familia!!!

EMPANADILLAS DE MEXILLÓN

E seguindo co noso obradoiro de cociña con conservas tocoulle o turno aos alumnos da aula branca, uns traballadores incansables.
Sorprendéronnos a todos cunhas empanadillas de mexillón e queixo que estaban realmente boas. 
Unha receita sinxela e saborosa que podemos facer nas nosas casa sen problema ningún.
Unha vez máis, o noso agradecemento a conservas Verganco por aportarnos o material para o noso obradoiro.

 

jueves, 18 de abril de 2019

PARTO DE CABALIÑO DE MAR

Cando comezamos a traballar seriamente nisto dos peixes, e en concreto sobre o cabaliño de mar, houbo dúas cousas que chamaron moito a nosa atención; primeiro descubrir que o cabaliño de mar é un peixe, xa que nós pensabamos que era un animal mariño, e segundo, que son os machos os que paren os fillos.
Nós non estamos acostumados a que sexan os machos os que teñan no seu ventre ás súas crías e por iso quedamos moi sorprendidos.
Grazas a un vídeo do Aquarium Finisterrae da Coruña podemos ver como é ese momento no que o macho pare, nin máis nin menos que, 191 crías.
Se premedes na imaxe teredes acceso a un artigo da revista dixital "Vinte" que nos conta curiosidades da vida destes peixes e podedes ver o vídeo do parto do cabaliño de mar que é algo moi fermoso.


DAVID... O PESCADOR

Que bonito cando os proxectos nos levan a facer cousiñas e a achegarnos aos nosos alumnos.
Grazas ao tema do mar, e máis concretamente á unidade didáctica da troita, descubrimos que temos entre nós a todo un pescador.
David, un alumno da aula laranxa, ten como afeción ir de pesca (e a nós nunca nos contara nada 😢) e cando estivemos a traballar a troita dixo que el pescaba moitas. Tirando do fío conseguimos que nos contara moitas cousas e, como ten algún que outro compañeiro incrédulo, pedísmolle que compartira con nós algunha foto. 
E aí o tendes!!! O noso David pescando, e as troitas que el máis os seus compañeiros pescaron ese día.
Moitas grazas David por compartir este anaquiño da túa vida con nós!


viernes, 12 de abril de 2019

EL PEZ ARCOIRIS

Os maiores do cole tiveron a fortuna de gozar, dentro das actividades do club de lectura da nosa biblioteca, dunha contada moi especial; "El pez arcoiris", coa mesa de luz na aula de estimulación.
Se non coñecedes este conto recomendámovolo ser dúbida algunha xa conta unha historia moi fermosa sobre un valor tan importante como é o de compartir.
Cada un dos alumnos decorou o seu propio peixe arcoiris e con todos eles faremos un mural que dará máis vida (se iso é posible) ao noso centro.

VOLOVÁNS DE SARDIÑA

Esta semana tivemos a sorte de probar uns volováns de sardiña elaborados polos alumnos das aulas amarela e rosa.
Podémosvos asegurar que foi toda unha experiencia tanto facelos como probalos!
Unha vez máis a proba de que estaban moi saborosos é que non quedou ningún!
Que ben cociñan os nosos rapaces!!
 (Unha vez máis o noso agradecemento a conservas Galica pola súa xenerosidade)



miércoles, 10 de abril de 2019

QUE ESTAREMOS A ARGALLAR?

Algo estraño vai pasar no noso centro... non vos podemos contar máis... só vos podemos dar este pequeno adianto...

(A cabeza non para!! Ideas van... ideas veñen... e algunhas toman forma!)


OUTRAS "FROITAS" DO MAR

Xa vos contamos que os pequenos do cole nos sorprenderan, fai uns días, cunha degustación de froitas que fixo as delicias de pequenos e maiores.
Pois para que vexades que foi un auténtico éxito outro grupo de alumnos animouse a facer os seus propios experimentos con froitas de diferentes sabores e texturas.
Como non podía ser doutro xeito, non se esqueceron do mar e tamén quixeron rendirlle a súa particular homenaxe en forma de polbo e tartaruga.
Temos ou non temos uns alumnos marabillosos?



MÁIS PESCADA

De novo tivemos pescada no menú!! 
Desta volta cunha receita moi nosa; á galega!
Sobra dicir que a comemos todiña,non?


miércoles, 3 de abril de 2019

VISITAMOS PORTONOVO

Da man de "O sabor da aventura está no mar" fomos ata Portonovo a aprender un pouquiño máis deste mundo tan apaixoante como é o mundo do mar.
O primeiro que fixemos, despois dunha toma de contacto cunha explicación sobre Portonovo e a súa relación co mar, foi ir a lonxa. Temos que dicir que na lonxa pasámolo en grande facendo puxas cos nosos mandos como verdadeiros profesionais. A xente alucinaba do moito que estabamos dispostos a pagar pola raia, o sargo, os rapantes e máis a solla. É que nós sómosvos moi xenerosos!!
Despois fomos ata o porto a ver os barcos dos mariñeiros e máis os aparellos de traballo que empregan, como as redes de cerco, de palangre, as nasas... (nós desto íamos informados, xa que Frida explicóunolo na unidade dedicada á pescada).
Tamén fomos ata o mercado a ver os postos de peixe. Non é por presumir,eh?, pero os peixeiros e peixeiras quedaron abraiados do moito que sabiamos sobre os peixes e mariscos que alí había. Algúns era a primeira vez que os viamos de cerca e alucinamos cos dentes que tiñan.
E por último, e despois de tanto traballo, tivemos unha degustación de produtos do mar. Comemos empanada de raia (como non!, estando en Portonovo non podía ser doutro xeito) e sanjacobos de dourada. Non hai máis que ver as nosas caras para comprobar que estaba boísimo todo! Repetimos e repetimos... e, se nos deixan, repetiremos aventura!!


martes, 2 de abril de 2019

DÍA DA POESÍA

Casi nos esquecemos de contarvos como celebramos o Día da poesía no centro.
O Equipo de Biblioteca organizou unha fermosa actividade na cal os nosos alumnos, caracterizados como correspondía, leron fermosos poemas de dous libros que nos gustan moito; Acuario e Acuario 2.
 Tiburóns, caranguexos, medusas, cabaliños de mar, pescadores, mariscadoras... pasaron polo noso centro a deleitarmos coas súas fermosas verbas.


"FROITAS" DO MAR

Os nosos pequechos do cole e as súas profes xa non saben que máis inventar!!
Hoxe sorprendéronnos a todos cunha merenda moi saudable xa que se trataba de froita (que non vai ser todo comer peixe,eh?😝)
E, como non, decidiron darlle un toque mariñeiro. 
Así que as froitas convertíronse en diferentes peixes que o resto de alumnos comeron como se non houbese un mañán!
 (O certo é que as mesturas de sabores foron incribles e estaban... para comelas!)


PESCADA AO FORNO

Outro dos pratos estrela do noso menú é a pescada ao forno... está tan saborosa!!!
Mar, a nosa cociñeira, (que non podía ter un nome máis axeitado para o noso proxecto), sabe como conquistarnos!!


QUICHE DE TOMATIÑOS E ATÚN

Os alumnos da FP Básica de Reprografía tamén se animaron a pasar pola cociña!
Agora mesmo estamos a traballar co libro "Bolboretas no bandullo" (cuxos libro e web vos recomendamos ao 100%, xa que está feito por dous profesores e fomentan o emprego do galego na cociña), emporiso os nosos alumnos fixeron unha adaptación da receita "quiche de tomatiño e olivas" que aparece na súa web.
Como estamos co obradoiro de receitas con conservas o seu era empregar algunha, non si? (outra vez... infinitas grazas a Conservas Vengarco). Pois como neste grupo temos algún alumno... digamos..."repunantiño" coa comida (e iso que son os maiores!) fixeron a quiche de tomatiños e atún.
Non hai moitas fotos porque os rapaces andaban a cen e a súa profe non daba máis de si, pero sí temos unha foto de grupo e foto do resultado que é importante. Sentímolo moito pero proba non temos... comémolo todo!!!




lunes, 1 de abril de 2019

GOLFIÑOS NA NOSA TERRA

O outro día chegou un dos nosos alumnos dicindo que vira golfiños cando foi dar un paseo pola praia (porque si, en Galicia fai bo tempo ata en marzo... para que logo digan!).
Os seus compañeiros non sabían moi ben se crer o que se lles estaba a contar ou non... así que decidimos buscar algo de información e atopamos esta noticia publicada pola TVG onte mesmo.
O que máis nos sorprendeu (e tamén nos fixo máis ilusión) foi saber que na nosa ría, a Ría de Arousa, teñen unha boa alimentación e un hábitat axeitado.
Aprendemos moitas cousas sobre estes animais e estamos desexando ir a praia para velos saltar e nadar.
Como dixo un compañeiro... a nós gústannos os golfiños e aos golfiños gústalles Galicia así que... perfecto!!!


viernes, 29 de marzo de 2019

A VISITA DA GAIVOTA

Que no noso cole se respira ambiente mariñeiro é un feito e, para proba, a visita que recibimos hoxe; unha gaivota!
Estabamos a piques de saír o recreo cando vimos que algo estaba a pasear polo noso patio. Vaia sorpresa que levamos cando comprobamos que era unha gaivota!
Cada vez que os nosos alumnos dadan un pasiño para vela máis de preto (e sacarlle algunha foto), a pobre saía amedrentada.
Paseou polo patio, o xardín, estivo na randeeira... pero cando saíron todos ao recreo decidiu pousarse no tellado do centro a mirar o ben que o pasaban.
Fíxonos tanta ilusión que algún ata pensou en poñerlle un nome.

jueves, 28 de marzo de 2019

VOCABULARIO DA COCIÑA

Agora que estamos metidos de cheo nisto de ser cociñeiros, pareceunos importante facer un vocabulario en galego (e con pictosgramas) sobre a cociña, centrándonos nos aparellos que empregamos na elaboración das receitas e nas accións que levamos a cabo.
Co bonito que é o galego e nós empregando palabras es castelán!😢
Preme no que queiras consultar e irás directo á información.

POLBO Á FEIRA

Que levante a man aquela persoa a que non lle guste o polbo á feira? 
Non vemos a ninguén coa man levantada e é normal porque se hai un prato saboroso da nosa gastronomía e recoñecido no  mundo enteiro ese é o noso polbo!
As alumnas da aula marrón, dentro do obradoiro de cociña con conservas, elaboraron uns canapés que estaban... de morte! (Como dixo un dos noso alumnos).
Desta volta temos que agradecer a Conservas Vengarco a súa colaboración con latas de polbo en aceite de oliva.
Animámosvos a facer esta receita xa que é moi sinxela e está realmente boa.



miércoles, 27 de marzo de 2019

FARO "ALÉN DO MAR"

Nesta unidade, a do xurelo, Frida estanos a falar dos faros de Galicia e o tema gustounos tanto que decidimos facer o noso propio faro ao que chamamos "Alén do mar".
Se vos acercades ao noso cole poderedes ver, dende o momento cero, que o mar forma parte moi importante da nosa vida escolar.
Gústavos?



PESCADA NO MENÚ

Fai tempo que non vos mostramos os peixes que incluímos no menú do cole!
Non é que non comeramos peixe desde a última nova, eh? Para nada! o que pasa é que facemos tantas actividades que xa non sabemos o que vos contamos e o que non!
Hoxe, como segundo prato, tivemos pescada frita con ensalada. Non imos mentir e dicir que a comemos moi contentos e felices, non. Ao principio costounos un pouco pero unha que a probamos... comémola toda!!



BON APPÉTIT

Esta semana tivemos a oportunidade de acudir a Pontevedra a ver o espectáculo "Bon Appétit" de Teatro dos Ghazafellos.
Dicir que o pasamos ben é quedarnos moi moi curtos xa que o pasamos en grande.
Nesta actuación, mestura de teatro, música e comedia, tres "chefs" contáronnos os segredos da cociña galega seguindo o prestixioso libro de Álvaro Cunqueiro "A Cociña Galega".
Dun xeito moi divertido ensináronnos a cociñar empanada de zamburiñas (os nosos compañeiros da aula laranxa, que xa a fixeron, estiveron a piques de darlles algún consello), polbo á feira (receita que próximamente levarán a cabo as alumnas da aula marrón), lacón con grelos e filloas con anís (nós, en filloas, xa estamos en nivel experto).
Como xa sabedes, nós por onde pasamos... arrasamos!, e desta volta un dos prestixiosos chefs veu falar con nós e ata sacamos unhas fotiños con el.


lunes, 25 de marzo de 2019

DE COMPRAS NA PEIXARÍA

Sabemos que a nosa peixaría ten moitos clientes e a cousa non é para menos; peixe 100% galego, "pescado" coas mans dos nosos alumnos e a uns prezos... espectaculares!!
O outro día "pillamos" aos alumnos da aula laranxa organizando unha cea e facendo a compra na peixaría do cole.
Traballaron os produtos, as cantidades e os euros, e despois continuaron a resolver tarefas na súa clase.
Moi ben rapaces, da gusto con vós!!
(E non vos esquezades de invitarnos a todos esa cea😜)

martes, 19 de marzo de 2019

RECEITAS TROITA

Chegou o momento da troita, un peixe que nós pensabamos que non nos ía dar moito xogo nas receitas.
Queredes comprobar se estabamos equivocados ou non?


                          

O XURELO







Premendo nas imaxes accededes a os nosos materiais de traballo.
          https://drive.google.com/file/d/1nen6PaqJwEUXHn_8b-IGI7YSztT4YXjr/view?usp=sharing             https://drive.google.com/file/d/1ckYd3Dp6FiaXu_s7Vkvh5tqYoKE1q4eR/view?usp=sharing


Neste vídeo temos a explicación de por que é importante comer xurelo.

lunes, 18 de marzo de 2019

EMPANADA DE ZAMBURIÑAS

Continuamos co obradoiro de cociña con conservas!
Desta volta foron os alumnos da aula laranxa os que pasaron polos fogóns para sorprendernos a todos cunha empanada de zamburiñas que estaba taaaaan saborosa...
Todo aquel que pasaba polo noso apartamento entraba a curiosear chamado polo cheiriño que invadía os corredores do centro.
O resultado non hai máis que velo! 
A empanada estaba tan tan saborosa que houbo alumnos que pedían outro pedaciño máis, e outro, e outro...
Receita sinxela que vos animamos a facer nas vosas casas!
Unha vez máis queremos dar as grazas a Galica pola súa aportación de conservas para o noso obradoiro (e ás nais de ANPA por facelo posible ao ir contándo, alá por onde van, o proxecto que estamos a levar a cabo).




viernes, 15 de marzo de 2019

TROPAVERDE

Hoxe recibimos no centro a visita dunha representante de "Tropaverde", unha plataforma multimedia que ten por obxectivo fomentar a reciclaxe e a responsabilidade ambiental entre a cidadanía, premiando as boas accións medioambientais.
Marta contounos que hai unha tropa en Vilagarcía, como funciona e como podemos gañar estrelas que logo podemos trocar por recompensas.
Fixemos un repaso sobre a reciclaxe, resolvendo algunhas dúbidas que tiñamos e reflexionamos moito sobre o plástico e o mal que fai en xeral pero sobre todo no mar, que é o tema que estamos a tratar no cole.
No centro somos moito de reciclar e estamos moi comprometidos co medio ambiente e, podemosvos asegurar, que Marta marchou moi sorprendida do moito que sabiamos e das boas ideas que temos.
Da charla saímos coas ideas moito máis claras, con novos coñecementos, cunha chapa e co noso código para formar parte de Tropaverde!!
Botádelle un ollo a súa web porque, de verdade, que é todo moi moi interesante!