jueves, 31 de enero de 2019

OS PEQUES E OS LIRIOS

Os pequenos do cole viviron hoxe unha sesión moi particular  no comedor do cole.
Como o lirio pasou a formar parte do noso menú, quixemos aproveitar a oportunidade para que os nosos alumnos coñeceran un pouco máis de cerca (e tan de cerca!) este peixe.
Ao principio as caras eran un poema! Miraban aos peixes de reollo e iso de botarlle a man... nin pasaba polas súas cabezas! Pero logo houbo un acercarmento e xa saiu todo rodado!
De feito, cremos que temos entre nós a unha futura peixeira. Non podedes imaxinar a maña que demostraron cortando e limpando!
Ao final todos tocaron o peixe, coñeceron as súas partes, foron quen de identificalo entre outros e incluso houbo quen ata lles dou aloumiños😊.



miércoles, 30 de enero de 2019

O LIRIO NO MENÚ

No cole temos claro que os alumnos teñen que ter unha alimentación saudable e sabemos que o peixe é algo fundamental para que iso sexa así.
Aproveitando que estamos a traballar o tema do mar, e algúns dos animaliños que nel viven, intentamos meter no menú pratos que o conteñan.
Aos nosos alumnos, como lle pasa a case todos os rapaces, non lles fai moita gracia iso de comer peixe pero, como o estamos a traballar nas aulas, destacando a súa importancia e as súas cualidades e, aproveitando que temos unha cociñeira estupenda, incluímolo no menú sempre que podemos.
Desta volta, como estamos a traballar o lirio, saboreámolo frito e podemos asegurar que non quedou nadiña nos pratos.


martes, 29 de enero de 2019

EXPLICACIÓN DO RODABALLO

Como sabedes, os alumnos maiores do cole teñen xa por costume facernos unha pequena explicación dos animais mariños que estamos a traballar.
Desta volta tocoulle ao rodaballo e, de forma moi clariña, contánnos as cousiñas que debemos de saber sobre este peixe tan peculiar.
Moito traballan estes rapaces,eh?


lunes, 28 de enero de 2019

PEIXES DE PAPIROFLEXIA

Hai uns días que andamos cunha nova idea na mente e para levala a cabo necesitamos peixiños de cores, así que, os alumnos da aula laranxa, atrevéronse a facer un obradoiro de papiroflexia onde fixeron peixes de cores de diferentes tamaños.
Comezaron un pouco asustados pero en canto lle pillaron o xeito foi todo coser e cantar (ou mellor dito; cortar e dobrar).
Pronto veredes para que queremos os peixes 😏


domingo, 27 de enero de 2019

DE NOVO NO MENÚ

Temos unhas nais que están involucradísimas na vida do centro e alá por onde van presumen de fillos e de cole 😍.
 Desta volta contaron que estabamos a traballar co mexillón e Conservas Vengarco regalounos un saco de mexillóns e unha gran variedade de conservas.
Cos mexillóns (que tiñan unha pintaza) Mar, a nosa cociñeira, fixo un arroz que estaba para chupar os dedos. Incluso aqueles que sempre protestan á hora da comida deixaron o prato valeiro!!
Coas conservas temos unha cousiña en mente... que xa vos iremos contando!!


sábado, 19 de enero de 2019

A AULA MARRÓN... COCIÑA!!

As alumnas da aula marrón atrevéronse a mostrar as súas dotes culinarias elaborando un paté de mexillón que estaba... mmmmm... boísimo!!!
Ademais de poñernos as botas, con esta receita aprendimos que con pouquiños ingredientes podemos facer pratos deliciosos e queda demostrado, unha vez máis, que non cociña... o que non quere!!
Animádevos a probalo!!



miércoles, 16 de enero de 2019

CADERNO VIAXEIRO

No centro elaboramos un caderno viaxeiro que empregamos como medio de comunicación coas familias.
Como a temática é o mar, convertemos aos nosos alumnos en buzos que andan a descubrir os fermosos fondos mariños das nosas rías.


lunes, 14 de enero de 2019

App pescadeRías

Temos outra aplicación móbil para compartir con todos vós: "pescadeRías ¿de onde se non?".
Unha App oficial da Consellería do Mar que nos axudará a:
- Coñecer e localizar as lonxas e empresas certificadas pola marca.
- Coñecer e localizar os restaurantes e comercios adheridos á marca.
- Coñecer as especies amparadas pola marca.
- Estar ao día das nocas relacionadas co mundo da pesca e o marisqueo.
- Receitas saborosas...
E moito máis!

A aplicación dispón dun lector de código QR que permite escanear o código de barras da etiqueta do produto pescadeRías e mostrar a información no dispositivo móbil.
Polo de agora só está dispoñible para os dispositivos Android e podémola atopar en galego e castelán.

Os alumnos maiores do noso cole recoméndavola😉




CANCIÓN "O RODABALLO"

O bo de que o noso proxecto abrangua a toda a comunidade educativa (e máis aló) é que recibimos achegas que nos axudan a completar o noso proxecto.
Unha persoa que é moi fan do noso traballo (pero que prefire quedar no anonimato) fíxonos chegar esta canción sobre o rodaballo.
O certo é que no centro algúns do nós coñeciamos o retrouxo pero non eramos quen de recoñecer a canción.
Seguro que cando a escoitedes tamén vos soa!!


Nunha lancha de Marín 
coa proa de carballo, (bis) 
catro rapaces da Pobra 
ui, ai, ai 
roubaron un rodaballo. (bis) 

Mala chispa te coma, 
mala chispa che de, 
mala chispa te trague, 
ai, ai, ié. (bis)


(...)

domingo, 13 de enero de 2019

O MAR... NA AULA DE ESTIMULACIÓN

No noso centro temos unha aula de estimulación multisensorial e ata ela fixemos chegar o noso proxecto.
O primeiro material deseñado para a ocasión é a "gaveta do mar". Unha gaveta chea de boliñas de xel e animaliños de mar que nos permite:
- Exploración libre; tocar, sentir, experimentar...
- Realizar trasvases; meter as bolas noutras caixas, botellas... coa man, con culleres...
- Identificar elementos mariños; - colle o peixe-, -colle a balea-...
- Identificar características dos elementos; cores, tamaños... (-colle o peixe amarelo-...)
- Lectoescritura; meter as letras dentro da gaveta e ir buscándoas para formar a palabra dun dos elemenrtos que nela se atopan.
- Números; introducir os números na gaveta e asocialos cos elementos... (-cantos peixes hai?-)
- Clasificacións; das bolas ou dos elementos.
- Introducir outros elementos e diferenciar os que están relacionados co mar e os que non.



                                               


A AMEIXA... POLOS NOSOS MAIORES!

Unha vez máis, os alumnos maiores do cole quixeron compartir con todos nós o moito que aprenderon sobre o tema das ameixas.
Moito saben estes rapaces,eh? E nós moitas cousas aprendemos grazas a eles!


A PRAIA NO COLE

Os "peques" do cole están levando a cabo un fermosísimo proxecto chamado "ExperimentArte", no cal, o alumnado, mediante a experimentación a través dos sentidos, vive experiencias novas á vez que elaboran materiais dignos de ser expostos e ser vistos por todo o mundo.
Nesta ocasión, aproveitando o proxecto do centro, que como xa sabedes ten temática mariñeira, decidiron crear a súa propia praia. 
Pensaredes que iso non é cousa doada... e tedes razón, pero estes pequechos, están feitos doutra pasta... poucas cousas se lles resisten!
Para area fixeron unha mestura moi interesante de aceite para bebés e fariña. Houbo moito que amasar para que a pasta quedase a punto pero, finalmente, o conseguiron!
 O mar xa foi outra historia! Aquí tocou tirar de diferentes cores e tonalidades para lograr o azul exacto das nosas queridas praias galegas e, apoiándose en papel de prata e plástico de burbullas, conseguir profundidade e textura.
 O resultado: praia privada dentro do cole... iso, nin no Caribe!

RECEITAS CO LIRIO

O lirio é un peixe que comemos con frecuencia no noso centro e case sempre o comemos da mesma forma; frito. É por iso que lle pedimos as familias receitas que fagan na súas casas para ver se podemos "innovar" no menú.

                              

O LIRIO

Frida, nesta ocasión foi de pesca e preséntanos o lirio.
Como o lirio é un peixe branco, aproveitou para explicarnos as diferenzas entre os peixes brancos e azuis e algún truquiño para poder identificalos. Amais, Frida tamén nos explica que é iso da veda que afecta a algúns produtos do mar.



Se premedes nas imaxes accederedes ao nosos materiais de traballo.
         https://drive.google.com/file/d/1eW-tURdRMN-J6IhyIoEp1F55Aj-_8qj6/view?usp=sharing                           https://drive.google.com/file/d/1Wd9LPD3Y0i5zSUWPtKcJPhoZd4vnb5zK/view?usp=sharing
                             
Nesta ocasión traballamos de xeito manipulativo cun material de identicación imaxe/sombra e de unir iguais.

Unha vez máis, o vídeo que nos explica os beneficios de comer peixe e, neste caso, do lirio.