domingo, 24 de febrero de 2019

A NOSA PEIXARÍA!!

Benvidos a nosa peixaría!!
Temos a honra de invitarvos a inauguración de nosa "Peixaría Amar o mar".

Pois si! Isto era o que andabamos a argallar; o noso propio punto de venda de produtos do mar.
Este traballo é moi especial xa que na súa elaboración participaron tanto os alumos pequenos como os maiores e, claro, así nos quedou de fermoso!!
Agora os maiores do cole poderán ir a peixaría e poñer en práctica as súas habilidades socias, manexarse cos euros e traballar as cantidades (cada peza ten o seu peso indicado para poder así facer un maior número de activadades!)
Un traballo en equipo que vai dar moito de si!
Que vos parece? Animádesvos a vir a comprar?


PEIXES , BIVALVOS E DEMAIS

Xa vos contamos o outro día que estamos argallando algo, non si?
Pois si antes eran os maiores quen facían peixes de papiroflexia, agora son os pequenos os que fan peixes, bivalvos, crustáceos, cefalópodos... Pero non os fan de calquer xeito,eh? 
Xa sabedes que os nosos pequechos son moi traballadores e si lles dis que hai que decorar fanno pero... co seu selo persoal. 
Desta volta para decorar fixeron a súa propia pintura. Si, si, como o estades a ler! Dunha mestura feita con xabón líquido, fariña, auga e colorantes alimentarios, sacaron pinturas de moitas cores coas que decoraron todos os animaliños que se lles puxeron por diante.
Queredes saber para que os imos empregar??? 
 Seguide atentos porque pronto o descubriredes!!


martes, 19 de febrero de 2019

FOOD TRUCK

Hoxe, no Concello de Vilagarcía, recibimos a visita da "food truck" da escola de hostelería Carlos Oroza de Pontevedra. A finalidade era promocionar o mexillón galego como un alimento gastronómico de primer nivel e fomentar así o seu consumo.
Os nosos alumnos máis larpeiros non quixeron perder esta oportunidade e alá foron! Puxeron as botas saboreando as creacións dos estudantes da escola; paté de Mexillón de Galicia, Mexillón de Galicia con salsa de mostaza e Mexillón de Galicia con cilantro e lima.
Receitas sinxelas, moi saborosas e saudables. Téñeno todo!!

 

lunes, 18 de febrero de 2019

PASIÑO A PASIÑO

Os nosos alumnos van completando pouco a pouco o seu caderno de adhesivos. 
Este mes estamos a traballar a pescada e algúns, como Desi, xa a remataron e hoxe deixaron constancia no seu caderno.

QUEREDES PROBAR?

Apetécevos xogar cos peixes como fixeron os nosos alumnos? Queredes aprender un pouquiño máis sobre quen vive no mar?
Pois collede o voso dispositivo móbil e lede os códigos QR para acceder a toda a información.









MURAL E CÓDIGOS QR

Recordades que vos dixemos que o noso mural "Quen vive no mar?" ía dar moito xogo? Pois hoxe tocou xogar!!
Cada peixe, mamífero, molusco... ten o seu correspondente código QR que nos permite acceder a información moi interesante e a moitas curiosidades sobre eles.
Os primeiros en probar se eran quen de respostar a todas as preguntas foron os alumnos da FP Básica de reprografía e... non pudieron rematar a tarefa!! E sabedes por que? Pois porque por cada cousa que ían descubrindo, aparecía neles unha curiosidade nova! Moito lles gusta saber a estes rapaces!!




sábado, 16 de febrero de 2019

TANGRAM MARIÑO

Nós sempre andamos na busca de recursos que faciliten o desenvolvemento dos nosos alumnos e, como este ano estamos a traballar o tema do mar, intentamos conxugar as dúas cousas.
Desta volta elaboramos un trangram para traballar con el na aula de estimulación multisensorial. 
Os nosos alumnos van tratar de ser quen de repetir a forma de diferentes peixes e animais mariños tales como; o peixe sapo, o golfiño, a foca...
O tangram é un xogo moi antigo que axuda ao desenvolvemento das capacidades intelectuais e psicomotrices, xa que cando o utilizamos estamos mellorando a nosa atención e memoria visual, á vez que traballamos a percepción visual e a coordinación visomotora, a orientación e estruturación espacial... e, aínda por riba, pasámolo ben!
Elaboramos o xogo con tres niveis de dificultade; baixo, medio a alto, adaptándoo así ás diferentes capacidades dos nosos alumnos.
Todos a xogar!


jueves, 14 de febrero de 2019

MÁIS PAPIROFLEXIA

Está claro que a mellor publicidade é o boca a boca.
Fai unhas semanas contámosvos que un grupiño do cole estivera a facer peixiños de papiroflexia para algo que estamos a argallar. Pois resulta que eses alumnos contáronllo a outros e agora... todos queren facer peixes de papel!!
Con este novo grupiño fixemos outro tipo de peixes e xa se nos ocorreu para que os podemos utilizar (a nosa cabeza non para!).
O certo é que aos nosos alumnos gústalles moito isto do origami, e nós encantados xa que lles axuda a desenvolver a coordinación óculo-manual, estimula a súa concentración, memoria... e, ademais, é moi relaxante.


sábado, 9 de febrero de 2019

A PESCADA

Sen dúbida un dos peixes que máis comemos e que máis gusta no cole é a pescada.
Desta volta, Frida, vainos explicar como se pescan estes peixes e as diferentes modalidades que hai segundo o animal que queiramos pescar.
Estades preparados?

Xa sabedes, para ver o noso material de traballo só tedes que preme nas imaxes.
     
              https://drive.google.com/file/d/1gu_NTW7pNZgk2TYHSY7T9Fch-Pd6Qm-8/view?usp=sharing                 https://drive.google.com/file/d/1eswhKLQ2OaTvzW-IBQn43QXe_sM7e8Rf/view?usp=sharing

Por que é importante comer pescada? Neste vídeo tedes a resposta.

IMOS DE PESCA

Hai quen di que ir de pesca é unha das cousas máis relaxantes e divertidas do mundo.
Nós, que somos moi de probalo todo, quixemos comprobar se iso era certo así que animamos aos nosos alumnos a ir de pesca pero, para facer a actividade máis atractiva e relaxante, invitámolos a facelo na aula de estimulación multisensorial.
Alí os alumnos poden pescar empregando a mesa de luz ou a luz negra. Sen dúbida unha nova modalidade de pesca que vai enganchar a pequenos e maiores.
(Polo de agora non podemos asegurar que sexa relaxante, pero divertida... garantizado!)


QUEN VIVE NO MAR?

Esta foi unha pregunta que lle fixemos aos nosos alumnos e cuxa resposta foi plasmada en diferentes manualidades. E así, coa colaboración de todas as aulas do cole, fixemos este mural tan fermoso e que tanto xogo nos vai dar. Xa o veredes!
A súa primeira aplicación é axudar a aprender o nome dos habitantes do mar en galego. Con tarxetiñas de quita e pon, os alumnos deben ser quen de recoñecer os animais e prantas do mural.
Os alumnos da aula branca foron os primeiros en atreverse, e o certo é que o fixeron moi moi ben, e iso que hai nomes que en galego son moi diferentes ao castelán!
Parabéns rapaces!



viernes, 1 de febrero de 2019

DENTRO DUN BARCO

Ocorréusenos que, para ambientar un pouquiño máis o centro coa temática do mar, podíamos facer como se estiveramos dentro dun barco, dese barco que decoara a nosa entrada.
 E así foi! Todas aulas participaron elaborando cadanseu ollo de boi.
A idea era que representasen o mar... o mar que ven... o que lles gustaría ver... o seu propio mar. E, como podedes observar, os nosos alumnos foron quen de plasmalo en todas as súas versións e esplendor.
Unha vez máis... benvidos ao noso mar!