lunes, 20 de mayo de 2019

TIBURÓN EN CORRUBEDO

Enterámonos de que avistaron un tiburón moi grande na zona de Corrubedo!
Buscamos información ao respecto e non podemos deixar de mirar o vídeo e de sentir mágoa ao saber que o pobre estaba ferido, posiblemente por unha hélice dun barco.😢

https://www.gciencia.com/videonautas/avistan-un-espectacular-tiburon-peregrino-en-augas-de-corrubedo/?fbclid=IwAR1prNlvjoi2GSM29KqgCK4f3xb62lj18Dr6ImY9uNhFiBWEGuWGzN0LX5Y

 
 

OS PEQUES... E OS MOLUSCOS

O mural dos nosos peques vai vento en popa e estalles a quedar fermosísimo.
Desta volta estiveron a traballar os moluscos e, como non podía ser doutro xeito, elixiron aqueles que a eles máis lles gustaban e o certo é que os plasmaron xenial, non credes?
Que traballadoriños son os nosos alumnos!!


viernes, 3 de mayo de 2019

A SARDIÑA

Chegou o mes de maio, e con el un novo peixe a traballar...
Nesta ocasión traballaremos máis a fondo á sardiña, un peixe mái que coñecido por todos nós.
Pero Frida, amais, vainos falar doutros animais relacionados con mar dos que non falamos ata o de agora. Sabedes cales son? Pois as aves mariñas!!
Porque non todos os animais mariños viven dentro do mar!!



 Premendo nas imaxes tedes acceso aos nosos materiais de traballo.

https://drive.google.com/file/d/1Col4C_JQmqMzkorPEgJbn4Ec8m88RJD9/view?usp=sharing             https://drive.google.com/file/d/1ckYd3Dp6FiaXu_s7Vkvh5tqYoKE1q4eR/view?usp=sharing


Unha vez máis, neste vídeo descubriremos porque é tan importante incluír a sardiña na nosa dieta. 

RECEITAS XURELO

Unha vez máis as familias animáronse a participar e compartiron con nós receitas saborosas cuxo ingrediente principal é o xurelo.
Xa sabedes que non tedes máis que premer na imaxe para acceder a nosa revista virtual de receitas familiares.

                           

O MAR E AS NOVAS TECNOLOXÍAS

Outro aspecto positivo deste proxecto que estamos a levar a cabo é o feito de que os nosos alumnos están dando un pasiño máis no emprego das TIC.
Encántalles usar as tabletas e os móbiles para buscar a información ou acceder á música.
Pasiño a pasiño todas as aulas van  pasando a resolver as tarefar que, dende este proxecto, lles propoñemos.


jueves, 2 de mayo de 2019

ESTRANAS CRIATURAS

Hai algún tempo contámosvos que estabamos a argallar algo... e hoxe xa volo podemos contar!!
Os nosos alumnos, ao máis puro estilo "Stranger Things", crearon as súas propias criaturas mariñas.
Mediante un xogo tiñan que crear un monstro inspirándose nos "demoperros" da coñecida serie.
Os alumnos maiores "fliparon" porque sabían da existencia da serie, e o certo é que todos o pasaron en grande coas súas criaturas e pensando os seus nomes.
Así que... Amar o mar presenta... "Estrañas criaturas".


 

BOTE DA CALMA

Nós, que sabemos que non hai nada máis relaxante que mirar o mar, metemos un anaco do mesmo nunha botella.
Dende agora, os nosos alumnos poden acudir a aula de estimulación a traballar cos nosos botes da calma mariños.
Os botes da calma son un recurso fantástico que favorece a concentración e relaxación e axuda tamén a canalizar as emocións. 
O mar chega a todos e cada un dos rincóns do noso centro...


COCIÑANDO NA CASA DE BORJA

A familia de Borja tamén se animou a pasar un divertido momento entre fogóns!!
Unha empanada de atún foi o que decidiron facer. O certo é que é unha mágoa que non nos traian a proba do que cociñan porque ten unha pintaza!!!
Moitas grazas familia de Borja pola vosa colaboración!!



XABÓNS...DO MAR

Os nosos peques do cole xa non saben que máis argallar!!! 
Agora dóuselles por facer xabóns e, riquiños como son, decidiron facelos con formas relacionadas con mundo do mar!!
Se de algo podemos estar seguros, con este proxecto, é de que os nosos rapaces teñen ben interiorizado o mundo do mar, os seus habitantes... 


COCIÑANDO NA CASA DE CLAUDIA

Propuxemos ás familias levar a cabo unha receita (a que eles quixeran) na casa cos seus fillos. O certo é que se van animando pouquiño a pouco e nós imos recibindo as fotos como proba 😉.
Claudia e a súa familia decidiron facer luras á prancha.
Como podedes obervar Claudia está feita toda unha chef!
Moitas grazas familia!!!

EMPANADILLAS DE MEXILLÓN

E seguindo co noso obradoiro de cociña con conservas tocoulle o turno aos alumnos da aula branca, uns traballadores incansables.
Sorprendéronnos a todos cunhas empanadillas de mexillón e queixo que estaban realmente boas. 
Unha receita sinxela e saborosa que podemos facer nas nosas casa sen problema ningún.
Unha vez máis, o noso agradecemento a conservas Verganco por aportarnos o material para o noso obradoiro.