domingo, 13 de enero de 2019

A PRAIA NO COLE

Os "peques" do cole están levando a cabo un fermosísimo proxecto chamado "ExperimentArte", no cal, o alumnado, mediante a experimentación a través dos sentidos, vive experiencias novas á vez que elaboran materiais dignos de ser expostos e ser vistos por todo o mundo.
Nesta ocasión, aproveitando o proxecto do centro, que como xa sabedes ten temática mariñeira, decidiron crear a súa propia praia. 
Pensaredes que iso non é cousa doada... e tedes razón, pero estes pequechos, están feitos doutra pasta... poucas cousas se lles resisten!
Para area fixeron unha mestura moi interesante de aceite para bebés e fariña. Houbo moito que amasar para que a pasta quedase a punto pero, finalmente, o conseguiron!
 O mar xa foi outra historia! Aquí tocou tirar de diferentes cores e tonalidades para lograr o azul exacto das nosas queridas praias galegas e, apoiándose en papel de prata e plástico de burbullas, conseguir profundidade e textura.
 O resultado: praia privada dentro do cole... iso, nin no Caribe!

No hay comentarios:

Publicar un comentario