sábado, 16 de febrero de 2019

TANGRAM MARIÑO

Nós sempre andamos na busca de recursos que faciliten o desenvolvemento dos nosos alumnos e, como este ano estamos a traballar o tema do mar, intentamos conxugar as dúas cousas.
Desta volta elaboramos un trangram para traballar con el na aula de estimulación multisensorial. 
Os nosos alumnos van tratar de ser quen de repetir a forma de diferentes peixes e animais mariños tales como; o peixe sapo, o golfiño, a foca...
O tangram é un xogo moi antigo que axuda ao desenvolvemento das capacidades intelectuais e psicomotrices, xa que cando o utilizamos estamos mellorando a nosa atención e memoria visual, á vez que traballamos a percepción visual e a coordinación visomotora, a orientación e estruturación espacial... e, aínda por riba, pasámolo ben!
Elaboramos o xogo con tres niveis de dificultade; baixo, medio a alto, adaptándoo así ás diferentes capacidades dos nosos alumnos.
Todos a xogar!


No hay comentarios:

Publicar un comentario